Un lugar pesqueiro pequeño (“7 rúas e 3 prazas”, di Ernesto) que podes coñecer de dúas maneiras: ben botándolle unha ollada a este vídeo, ben animándote a acudir en persoa e percorrer Redes nunha das novas rutas de sendeirismo feitas pola Concellaría de Deportes no marco do proxecto “Ares Descobre”.
Case 6 quilómetros de distancia para pasear por unha vila singular; 6 quilómetros para descubrir unha fonda cultura mariñeira!
Atoparás máis información do roteiro no perfil do Concello en Wikiloc: https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/ruta-4-porto-de-redes-114653214.