Durante esta acta de recepción, achegáronse ata o Club de Remo de Ares para ver a embarcación das Sereas das Mirandas, contextualizando as características que a converten nun equipamento accesible para a práctica deportiva de persoas con antecedentes oncolóxicos.
A maiores, tamén comprobaron o estado das infraestruturas realizadas no acceso á praia do Xuncal: as novas escaleiras, a renovada senda e a rampla de madeira, xunto coa pantalla protectora de pedra para a area, todos eles elementos executados co obxectivo de mellorar a seguridade e a accesibilidade, amais de fomentar un uso de calidade do areal.