O proxecto de cooperación “VALORIZACIÓN DA ACTIVIDADE MARIÑEIRA A TRAVÉS DOS ESPAZOS LITORAIS E DAS PRÁCTICAS DEPORTIVAS ACUÁTICAS NOS MUNICIPIOS DE ARES E VALDOVIÑO. ARES E VALDOVIÑO NO MAR” está impulsado polos Concellos de Ares e de Valdoviño para potenciar os espazos litorais e a actividade mariña, mediante o remo e o surf.

ARES E VALDOVIÑO NO MAR está a realizarse grazas ás axudas que a Unión Europea ofrece, no marco do Fondo Europeo e Marítimo de Pesca (FEMP), para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), e que a Consellería do Mar aprobou para os grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP).

PARA O CONCELLO DE ARES:

  • Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 71.825,60 €
  • Coste subvencionable do proxecto (inversión pública + inversión privada): 71.825,60 €
  • Total axuda pública aprobada (€): 64.643,04 €
  • % Subvención: 90
PARA O CONCELLO DE VALDOVIÑO:
  •  Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 39.990,50 €
  • Coste subvencionable do proxecto (inversión pública + inversión privada): 39.990,50 €
  •  Total axuda pública aprobada (€): 39.990,50 €
  • % Subvención: 100

Obxectivo xeral: Valorizar o labor mariñeiro en Ares e Valdoviño e o potencial que teñen os espazos naturais de ambos municipios, desenvolvendo accións de sensibilización dirixidas a escolares e ao público en xeral, a través de actividades ligadas ás oportunidades no litoral, promocionando a contorna para a práctica deportiva.

Obxectivos específicos:

  •  Realizar accións de sensibilización dirixidas a diferentes públicos (alumnado, público adulto).
  • Visibilizar a actividade mariñeira nos municipios de Ares e Valdoviño mediante dispositivos informativos sobre os produtos mariños e os colectivos, os areais e a práctica deportiva náutica). Ademais, terá relevancia a transmisión de valores da sustentabilidade na práctica deportiva e nos sistemas de extracción artesanal e a importancia da biodiversidade no litoral.

Para acadar estes obxectivos, levaranse a cabo as seguintes actuacións, ao longo de 2021 e 2022:

NO CONCELLO DE ARES

  • Actividade 1. Definición do proxecto e análise estratéxica.
  • Actividade 2. Obradoiros de sensibilización dirixidos a escolares de Ares.
  • Actividade 3. Xornadas de iniciación ao remo.
  • Actividade 4. Programa de rutas no litoral para público xeral.
  • Actividade 5. Deseño e implementación de paneis didácticos e exposición.
  • Actividade 6. Creación de imaxe do proxecto e banco de fotografías para a súa difusión.
  • Actividade 7. Visita de escolares de Ares ao concello de Valdoviño.
  • Actividade 8. Adquisición de embarcación de iniciación ao remo.

NO CONCELLO DE VALDOVIÑO

  • Actividade 1. Definición do proxecto e análise estratéxica.
  • Actividade 2. Obradoiros de sensibilización dirixidos a escolares de Valdoviño.
  • Actividade 3. “A túa primeira onda”. Bautismos de surf para escolares de Valdoviño.
  • Actividade 4. Visitas ao Océano Surf Museo (OSM) dirixidas a escolares de Valdoviño.
  • Actividade 5. O museo fóra do museo.
  • Actividade 6. Promoción do OSM con diversos públicos.
  • Actividade 7. Visita de escolares de Valdoviño ao concello de Ares.