Historias, retranca e, coma pano de fondo, mesmo reflexións arredor da lingua galega nesta actuación promovida pola Concellaría de Cultura!
Con todo, durante esta semana tamén se continuará coa programación coordinada co Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade para celebrar e homenaxear ao neofalantismo, desta volta achegándose ó público máis mozo coa exposición “Cantámola” no CPI As Mirandas e a música de MJ Pérez.