353 operativos despregados polo corpo de Protección Civil de Ares durante o 2022

Comparte esta nota de prensa

Xuño, agosto e setembro foron os meses de maior actividade para a agrupación de voluntarios aresán, coma reflicte o seu balance anual de actuacións feito público hoxe mesmo.

Protección Civil de Ares vén de presentar o seu informe anual de operativos esta mesma mañá, un documento que ver de maneira sintética o conxunto de servizos e actuacións dos voluntarios e voluntarias que compoñen a agrupación local ao longo de 2022. Coma informou o edil de seguridade, José Juan Vilar, Protección Civil realizou un total de 353 operativos dende xaneiro ata decembro, moi preto dos 357 que se levaron a cabo no 2021. Nesta cifra total, tamén se inclúen os 150 despregues non contabilizados polo propio 112.

Así, a agrupación executou tarefas de todo tipo, establecéndose coma un apoio para a posta en marcha de dispositivos de seguridade en actividades deportivas e/ou culturais, pero tamén en situacións de emerxencia coma os accidentes na estrada, as incidencias na circulación, os salvamentos e rescates ou a xestión de animais soltos no espazo público.

No tocante ás mensualidades con maior número de emerxencias e operativos, Protección Civil de Ares contabiliza os meses de xuño, agosto e decembro coma os picos de actividade, con 21, 25 e outros 25 operativos respectivamente.

A maiores, e coma parte da súa vinculación coas actividades de seguridade e coidado do medioambiente, o balance achegado pola agrupación recolle as retiradas de niños de avespa velutina na contorna municipal con 8 actuacións.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña