CAMBIO DE HORARIO: ‘Ao Son do Mercado’ adianta mañá, 14 de xullo, a hora da súa organización ás 19:45 h.

O ciclo de música de autor en acústico adiantará a súa hora de realización ás 19:45 h. durante a tarde de mañá, por mor do encontro da Selección Española de Fútbol ante Francia!A actuación musical adaptará os seus tempos para poder destrutar do partido na vila, ben no mesmo mercado, ben nos locais hostaleiros da […]
O Campus de Verán do RC Celta comeza coa súa actividade de adestramentos en Prados Vellos

Nos vindeiros días, a rapazada poderá mellorar as súas habilidades futbolísticas co equipo de adestradores do club olívico, sempre en horario matutino. O Campus de Verán do Real Club Celta de Vigo regresa a Ares un ano máis para contribuír á oferta lúdico-deportiva estival. Dende esta mesma mañá e até o 17 de xullo, […]
A ría de Ares, escenario da XXXII Regata General Gabeiras

Un ano máis, a ría converteuse en espazo de competición ao longo desta fin de semana pasada no marco da última edición da Regata General Gabeiras-Trofeo Audi Autogándara, organizada polo Club Náutico Ría de Ares. Un evento deportivo que volve a constatar o seu prestixio entre regatistas de todo o territorio galego, ao formar parte […]
Comp·Arte leva o baile até a beira do mar con Danza na praia

O pasado venres, a música e o movemento chegaron até a praia urbana da vila cunha nova edición de ‘Danza na praia’, a proposta de Comp·Arte que contou un ano máis coa colaboración do Concello de Ares. Ao carón da rampla grande, bailarinas e bailaríns compartiron co público unha mostra de coreografías nun escenario diferente […]
Ares volveu poñerse en marcha contra o cancro

Veciñanza de todas as idades sumouse onte á andaina celebrada na vila para compartir unha mañá arredor dunha causa solidaria: a loita contra o cancro, nunha iniciativa promovida pola Xunta Local da AECC en Ares, coa colaboración do Concello. Dende a praia do Xuncal, as persoas participantes completaron un percorrido de 6 quilómetros polo paseo […]