Ares celebra a Festa de Santa Catalina cun toque literario: Ledicia Costas presentará ‘Pel de Cordeiro’ o vindeiro sábado na vila

Xunto á tradicional programación lúdico-gastronómica que se propón ano tras ano por parte do tecido asociativo aresán, o Concello incorpora este acto cultural o 23 de novembro a partir das 18:00 horas no propio Mosteiro de Santa Catalina. A autora viguesa, unha das grandes voces narrativas da literatura galega contemporánea, estará acompañada por Rogelio Pérez […]
A Alianza Aresana acolle esta semana a presentación de ‘Material sensible’, de Concha Tejada

O vindeiro venres, 22 de novembro, a partir das 19:30 h., a autora debullará o contido desta obra centrada nas circunstancias das persoas altamente sensibles (PAS) e o seu papel no mundo de hoxe. Afondará en historias de PAS que xeraron un impacto positivo no mundo, axudando a xestionar a alta sensibilidade de xeito sostible. […]
O SendAres completa a súa segunda ruta deste ano

Mar e area conxugáronse co verde costeiro no roteiro que promoveu a Concellaría de Deportes durante a xornada de onte. Un itinerario de 17 quilómetros inscrito dentro do programa municipal de sendeirismo, SendAres 2024-2025, que percorreu a Costa Ártabra dende a ermida de Santa Comba ata acadar o Faro de Punta Frouxeira. Despregouse unha paisaxe […]
Conclúe o XVI Open Dominó de Ares cunha das súas participacións máis numerosas

Preto de 140 xogadores achegáronse o sábado, 16 de novembro, ás instalacións do Casino Aresano para sumarse ao XVI Open de Dominó Concello de Ares, un certame organizado pola Asociación Recreativa Xabre e a Federación Galega de Dominó, coa colaboración do Concello na súa xestión loxística e coordinación. Un ano máis, xogadores das catro provincias […]
O Concello e a Delegación Territorial da Xunta en Ferrol supervisan as melloras na iluminación ornamental do Mosteiro de Santa Catalina

A concelleira de Urbanismo de Ares, Olimpia Marcos, e a delegada territorial da Xunta de Galicia en Ferrol, Martina Aneiros, visitaron o venres pasado este inmoble aresán de considerable valor patrimonial, de cara a inspeccionar o resultado das dúas intervencións que se realizaron na súa iluminación ornamental nocturna. A través do proxecto de mellora lumínica, […]