Ares propón un programa de actividade física adaptada ás persoas maiores de 70 anos

O Concello presentou hoxe esta iniciativa baixo o nome de ACTÍVATE +70, que procura ofrecer alternativas a este colectivo de idade máis avanzada para incorporar un estilo de vida saudable, onde o deporte adaptado contribúa ao seu benestar persoal. Organizaranse exercicios de coordinación corporal, estiramentos, consciencia respiratoria, dinamización grupal, de forza, mindfulness básico… achegando unha […]
Punto limpo móbil dispoñible na contorna de Chanteiro

O punto limpo móbil do Concello vén de ser instalado na contorna de Chanteiro! Xa podes achegarte alí a deixar os teus residuos domésticos especiais ao longo da semana: Pilas e baterías, Lámpadas e tubos fluorescentes, Aceites vexetais e minerais, Pequenos electrodomésticos, Roupa e calzado.
Renovación de DNI na Alianza Aresana

O Concello informa da reinstauración do servizo de renovación do Documento Nacional de Identidade (DNI), paralizado até o de agora por motivos alleos á institución. Este 4 de novembro poderás renovalo na Biblioteca Municipal de Ares con reserva previa. Lembra que é posible facelo ata 6 meses antes da data de caducidade! Concerta a túa […]