Cambio de horario na Biblioteca Municipal de Ares

A Biblioteca Municipal de Ares cambiará dende hoxe, 21 de outubro, o seu horario de apertura. A partir de agora, estará aberta de luns a venres, de 9:30 a 13:00 h. e de 16:30 a 19:30 h. Os mércores permanecerá pechada durante todo o día.
O Concello celebra o Día das Bibliotecas cun espectáculo infantil para viaxar entre libros

A Biblioteca Municipal de Ares acollerá este xoves, 24 de outubro, ás 19:00 horas o espectáculo ‘Un universo na túa maleta’ de Ana Meilán para conmemorar o Día das Bibliotecas 2024 que se celebra durante esa mesma xornada. Un espectáculo para toda a familia, co foco posto nos máis pequenos e pequenas, no que se […]
O SendAres completa a súa primeira ruta polas Fragas do Eume

Os e as sendeiristas que se animaron a participar no primeiro itinerario deste programa municipal da Concellaría de Deportes gozaron durante o día de onte da paisaxe galega! Os regatos, os cambios dunha vexetación cada vez máis outonal e mesmo o río Eume, coas súas augas ben verdes, foron protagonistas do percorrido de 14,5 quilómetros, […]
Unha cadea humana en solidaridade coa loita contra o cancro de mama

A veciñanza de Ares colleuse das mans durante a mañá de onte para construír, eslabón a eslabón, unha cadea humana que conmemorase o Día Internacional da Loita contra o Cancro de Mama. Así responderon os veciños e veciñas á iniciativa organizada pola Xunta Local da Asociación Española contra o Cancro (AECC) en Ares, coa colaboración […]
Ares recibe a Bandeira Verde de Galicia polo seu compromiso medioambiental e paisaxístico

A nosa localidade vén de ser recoñecida co distintivo de Bandeira Verde da Xunta de Galicia por primeira vez, xunto con outros 23 concellos das provincias galegas que lideran, como Ares, o coidado paisaxístico das súas contornas. A Bandeira Verde actúa como unha acreditación do compromiso de veciñanza e Concello co medioambiente e o patrimonio […]