A Libraría Couceiro en Santiago de Compostela acolleu a presentación de Enfiando a vida, novela gañadora do Premio Alén Concello de Ares!

Na emblemática Libraría Couceiro de Compostela, a gañadora do II Premio de Novela Curta ‘Alén’, Susana Fraguela Vale, afondou na súa obra galardoada, ‘Enfiando a vida’, un retrato vívido da Galicia dos séculos XX e XXI, acompañada por Alma Barrón, concelleira de Cultura da nosa localidade; Rocío García Pedreira, membro do xurado na última edición […]