Punto limpo móbil instalado en Pedrós

O punto limpo móbil do Concello vén de instalarse na contorna de Pedrós para a recollida de residuos especiais. Lembra que alí podes depositar: Pilas e baterías, Lámpadas e tubos fluorescentes, Aceites vexetais e minerais, Pequenos electrodomésticos, Roupa e calzado.
‘Con Lingua Propia’, o espectáculo de Peter Punk Pallaso para preguntarnos sobre a realidade lingüística do galego

Chungo que te cagas! Este berro reivindicativo de Peter Punk, xa parte da súa idiosincrasia no mundo do espectáculo galego, resonou de novo na Praza da Constitución de Ares o venres pasado dentro da súa nova proposta, ‘Con lingua propia’. Peter Punk xogou co humor e o seu característico estilo punk para que os rapaces […]