Ares denuncia demoras de ata 15 días na activación de tratamentos no centro de saúde

O Concello de Ares, a través da Xunta de Goberno Local, vén de manifestar o deterioro constante na atención sanitaria que se está a producir no centro de saúde da vila, especialmente neste período estival, e que agora se expón en forma de retrasos de ata 15 días na expedición de receitas á veciñanza. Unha […]
Os ritmos latinos mesturaranse coas melodías galegas no VII Ares Indiano

A música e o baile serán protagonistas un ano máis da programación que teremos entre o 16 e 18 de agosto no Ares Indiano. Viaxaremos alén do mar con exhibicións e clases maxistrais de danza latina, pero tampouco nos esqueceremos do baile galego tradicional e da parte máis contemporánea da danza, materializando o que tantos […]
Ares rememora a fuxida do Bou Ramón

A Asociación Memoria Histórica Democrática (AMHD), coa colaboración do Concello e da entidade Amigos do Mosteiro de Santa Catalina, conmemorou este sábado pasado o 85º Aniversario da fuxida do Bou Ramón, un episodio histórico que é parte da memoria da comarca e, tamén, da identidade de Ares. Lembrouse así, nun acto conducido polo investigador e […]
Aforo completo na segunda sesión do Ciclo de Cine de Verán municipal

Palomitas, cámara… e acción! As Escolas do Lago enchéronse o xoves pasado para ver a Buzz Lightyear e a súa aventura intergaláctica no marco do Ciclo de Cine de Verán que programa o Concello de Ares en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña. Unha película emocionante para as crianzas e as súas familias […]