Cambios de horario na Biblioteca de Ares

A Biblioteca Municipal de Ares permanecerá pechada durante as xornadas do 12, 13, 14, 16 e 19 de agosto por mor da organización do VII Ares Indiano, de tal xeito que retomará a súa actividade con normalidade o martes, 20 de agosto. Desculpen as molestias.

Ares contará coa súa propia Tenda de aluguer efémero de vestimenta indiana

Dende o luns, 12, até o xoves, 17 de agosto, poderás botar unha ollada ao catálogo que propón Chimpos, a empresa recoñecida pola súa especialización en vestiario histórico, na súa Tenda efémera de aluguer de vestimenta indiana sita na Avda. Saavedra Meneses, número 16! Poderás atopar roupa e complementos de época para caracterizarte durante a […]

O Concello recuperará o lavadoiro da Fonte da Tella, en Lubre

Esta semana iniciáronse os traballos deste proxecto de rehabilitación impulsado pola área de Urbanismo, dignificando unha infraestrutura con considerable valor etnográfico; espazos vencellados á identidade de cada parroquia e á memoria emocional da veciñanza. Con esta intervención da Fonte da Tella, o número de lavadoiros recuperados pola institución aresá elevarase a catro, despois de reacondicionar […]