Principia a XVI edición do Campus Chiquibasquet de verán
O son das zapatillas sobre a pista, o eco dos balóns de baloncesto e as instruccións dos monitores do XVI Campus Chiquibásquet de Verán enchen o pavillón polideportivo de Ares dende onte até o 2 de agosto. Esta nova edición do evento formativo que promove Chiqui Barros ano tras ano na localidade vén de arrancar […]
As bailarinas da pintora aresán Gloria López estrénanse na Casa da Xuventude
Dende o 1 até o 16 de agosto, o andar superior da Casa da Xuventude de Ares acollerá unha nova mostra pictórica no marco do seu ciclo de exposicións multidisciplinares, achegándose desta volta ás obras de María Gloria López Villares. Instalarase a súa exposición ‘Bailarinas envueltas en poesía’, un conxunto de cadros que teñen tamén […]
Punto limpo móbil instalado en Cortiñas Gil
O Concello vén de instalar o punto limpo móbil na contorna de Cortiñas Gil, no núcleo urbano de Ares. Lembra que poderás depositar nel os seguintes residuos domésticos: Pilas e baterías Lámpadas e tubos fluorescentes. Aceites minerais. Aceites vexetais. Pequenos electrodomésticos. Roupa e calzado. Aproveita e desfaite do que non precises para que poida ser […]
Ares, en solidariedade co pobo saharaui dentro de ‘Vacacións en Paz 2024’
A concelleira de Igualdade e Benestar, Victoria Montenegro, recepcionou onte a Rabab Said Mohamed, a nena saharaui procedente de Tinduf (Alxeria) que pasará os meses de verán na nosa vila acollida nunha familia da contorna, evitando así as altas temperaturas do deserto e promovendo unha mellora do seu benestar xeral. En colaboración coa Asociación Solidariedade […]