A Travesía a Nado Ría de Ares conclúe con máis de cen nadadores e nadadoras
Malia as condicións climatolóxicas, a XXVII Travesía a Nado Ría de Ares saldouse con éxito de participación incorporando a preto de 120 nadadores e nadadoras nas súas diferentes categorías tanto de crianzas como maiores. A rampla grande da vila acolleu esta edición na que se volveu facer fincapé no fondo raigame que ten na oferta […]
Embarcacións tradicionais navegan na ría polo IV Memorial Nancho Real
A XXI Concentración de Embarcacións Tradicionais Porto de Redes – IV Memorial Nancho Real disputouse cun vento que respectou a organización do evento durante a xornada do sábado, 20 de xullo. Quen ollase cara a ría atoparía unha imaxe singular grazas a esta regata que xa supera os trinta anos materializándose na contorna de Redes, […]
Contratación de 1 PEÓN FORESTAL para a realización da obra/sevizo “Coidados Forestais” subvencionado pala Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.
ACTA COMISIÓN SELECCIONADORA Reunidos no Concello de Ares, senda as 09:30 horas do día 17 de xullo de 2024, as Sras/Sres. ó marxe indicados, coa finalidade de procederá contratación de 1 PEÓN FORESTAL para a realización da obra/sevizo “Coidados Forestais” subvencionado pala Consellería de Emprego, Comercio e Emigración. Presidente: D. Angel Rodríguez Calviño Secretaria: Dª […]
O Concello dá inicio ao ciclo de cine de verán ao aire libre
O patio das Escolas do Lago acolleu onte a primeira das proxeccións que organiza a Concellaría de Cultura do municipio no marco do Ciclo de Cine de Verán, unhas programacións cinematográficas que se producirán ao aire libre totalmente de balde coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña. Desta volta, o ciclo arrancou con […]
Os oito mitos de Palermo, o poemario que viaxa cara o abismo dun mesmo
O artista aresán Antonio Seijas, polifacético na construción do seu propio universo creativo dende a fotografía, a novela, a ilustración ou a pintura, presentou este venres pasado a súa última publicación, Os oito mitos de Palermo (Aira Editorial, 2024), acompañándolle a escritora Andrea Maceiras, a violoncellista Emma Urango e a concelleira de Cultura, Alma Barrón. […]
Ares clausura o Campus de Verán da Fundación Celta na modalidade tradicional
Despois da última sesión de entrenamento lúdico-formativo, rapaces e rapazas clausuraron a actual edición do Campus de Verán da Fundación Celta que se estaba a realizar no Prados Vellos, acompañados dos monitores do club olívico e da concelleira de Deportes, Alma Barrón. O venres pasado púxose o broche final ao evento que ano tras ano […]