Cancelada a sesión de cine de verán ‘Salta!’ por mor da choiva

Dende a Concellaría de Cultura informan que a sesión de cine de verán prevista para hoxe, xoves, 11 de xullo, ás 22:30 h. vén de cancelarse por mor das condicións climatolóxicas, que inclúen previsións de choiva. A proxección de ‘Salta!‘ pospóñese así á xornada do domingo, 21 de xullo. Desculpen as molestias.