A praia urbana de Ares transformarase en escenario de baile este mesmo mércores

O próximo 3 de xullo ás 20:30 horas reserva un oco na axenda para desfrutar do espectáculo que propón a Escola de Danza Comparte, en colaboración co Concello de Ares. Será unha mostra de diferentes tipoloxías de xéneros e baile  no areal urbano da vila, ao carón do posto de socorrismo, aproveitando así o espectacular […]

O Club de Lectura Municipal pecha o seu curso cun toque moi doce

Libros, café e doce, non hai mellor combinación posible para pechar meses e meses de lecturas e conversas compartidas, e iso tamén o saben no Club de Lectura Municipal de Ares. O venres pasado a Alianza Aresana acolleu a súa última sesión, tendo en conta o parón de actividade nos meses estivais, antes de retomar de […]

Cambio de horario da Casa da Xuventude

A partir de hoxe, 1 de xullo, e até o 15 de setembro, lembra que a Casa da Xuventude cambia ao horario de verán. Estará aberta de luns a venres, de 10:00 a 14:00 horas, e tamén os xoves e venres de 20:00 h. a 22:00 h.