Punto limpo móbil instalado en Cervás

O punto limpo móbil do Concello vén de instalarse en Cervás para que a veciñanza deposite os residuos de tratamento especial: Pilas e baterías; lámpadas e tubos fluorescentes; aceites minerais e vexetais; roupa e calzado e pequenos electrodomésticos.
O Concello impulsa un ano máis as rutas turísticas en barco polo litoral de Ares

A partir do 15 de xuño, activarase o servizo de ‘Ares desde o Mar’ a bordo do M. Presas, unha iniciativa para coñecer a riqueza paisaxística do municipio e o seu encanto mariñeiro. Os percorridos estarán dispoñibles durante as fins de semana e terán un prezo de 15 euros para adultos e 8 euros para […]