Ares contará con obradoiros, doces e literatura pola Semana do Libro 2024
Mañá, martes, 23 de abril, a propia efeméride do Día do Libro, a Biblioteca Municipal aresá entregará doces aos usuarios que se acheguen, mais tamén haberá un obradoiro para nenos/as de 4 a 6 anos e o fallo do IV Concurso de Microrrelatos. O xoves, 25 de abril, realizarase un segundo obradoiro para crianzas de […]
Renovación do DNI na Biblioteca Municipal de Ares
Este venres, 26 de abril poderás renovar o teu Documento Nacional de Identidade (DNI) na Biblioteca Municipal de Ares! Se estás interesado en facelo, aínda estás a tempo de concertar a túa cita acudindo presencialmente ás instalacións da Alianza Aresana ou a través do teléfono 981 448 057 no horario de apertura da biblioteca. Lembra […]
O Concello conclúe a penúltima ruta do SendAres
A beleza de Mondoñedo foi a protagonista do percorrido que realizaron onte os participantes na ruta do SendAres 2023-2024, o programa municipal de sendeirismo da Concellaría de Deportes. A paisaxe verde e os camiños para adentrarse no val do Río Valiñadares acompañaron aos 25 sendeiristas na súa exploración do patrimonio natural galego e dun lugar […]
A Alianza Aresana acolleu a presentación de Cinza, a novela gráfica de Manel Cráneo que adapta a obra de Xavier Alcalá
O ilustrador Manel Cráneo e o escritor Xavier Alcalá achegáronse a Ares o venres pasado para debullar como foi o proceso de traballo detrás de Cinza (Demo Editorial, 2023), o cómic recentemente publicado que adapta ‘A nosa cinza’, a coñecida novela de Alcala xa considerada coma un dos best-sellers da literatura galega con máis de […]