Minions, dráculas, meigas, algúns animais salvaxes e ata superheroes deixáronse ver onte na Praza da Constitucion de Ares!!
A vila celebrou o Entroido 2024 con boa música, con moito doce e gozando dos minikarts, os obradoiros de maquillaxe e antifaces ou os inchables. Pequenos e maiores sumáronse á programación municipal, en colaboración coa Sociedade Cultural O Tilo, Protección Civil e o Grupo de Gaitas Aresán, e remataron a xornada coa tradicional queima do […]
O concello de Ares executa a actuación “INSTALACIÓN FOTOVOLTACA NO DEPÓSITO DE OS CASTROS” financiada polo Instituto Enerxético de Galicia (Inega)
O concello de Ares executa a actuación “INSTALACIÓN FOTOVOLTAIA NO DEPÓSITO DE OS CASTROS” financiada polo Instituto Enerxético de Galicia (Inega) a través do PROCEDEMENTO: Programa de incentivos 4-5 vencellados ao autoconsumo e ao almacenamento no sector residencial, as administracións públicas e o terceiro sector, con código IN422K. O importe de actuación ascende a 27.448,40 […]
O Concello de Ares e o Club de Prensa de Ferrol inauguran a 32ª Edición de Galicia en Foco, unha mostra do mellor fotoxornalismo galego
Mañá, ás 18:00 horas na Casa da Xuventude, producirase a inauguración oficial da exposición coa presenza de Alma Barrón, concelleira de Cultura, e Xulia Díaz, presidenta do Club de Prensa ferrolán. Dende o próximo luns, 19, até o 29 de febreiro, a veciñanza poderá gozar desta recompilación de grandes momentos sociais, políticos e culturais capturados […]