Aprobación Declaración Institucional e concentración pola Paz fronte ao Consistorio
No día de hoxe, o Pleno do Concello de Ares aprobou de forma unánime adherirse á resolución emitida pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas con data do 10 de decembro de 2023. Esta resolución expresa profunda preocupación pola situación humanitaria na Franxa de Gaza e avoga pola protección das poboacións civís palestina e israelí de […]
Nova convocatoria do Programa Integrado de Emprego da Mancomunidade
A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol vén de recibir da Xunta de Galicia unha nova edición do Programa Integrado de Emprego de Galicia. A administración autonómica e o Servicio Público de Empleo Estatal financian esta convocatoria dirixida a mulleres en situación de desemprego inscritas na correspondente Oficina de Emprego e empadroadas nos Concellos […]
A Cabalgata de Papá Noel Percorrerá os Principais Lugares do Municipio na tarde do Domingo
Ademais da recepción na Alianza Aresana, tense programado que Papá Noel percorra todas as parroquias do municipio, comezando ás 16:30 na Praza do Pedregal de Redes. O Concello de Ares, como é tradición cada ano, organiza a cabalgata de Papá Noel, que percorrerá os lugares e rúas máis destacados do municipio durante a tarde do […]
Oswaldo Digón Presentará o seu Monólogo “Outra Movida” en Ares o vindeiro martes 26 de Decembro
Este evento, parte da programación do Nadal organizada pola Concellaría de Cultura da localidade, terá lugar ás 20 horas no salón de actos da Alianza Aresana. Concibido como unha experiencia para pechar o ano con alegría e entretemento, o monólogo ofrecerá á audiencia adulta un repertorio de relatos humorísticos. Oswaldo Digón, recoñecido actor e monologuista […]
Aviso de recollida de enseres 19-12-2023
Lembramos que esta mesma noite do martes, 19 de decembro todas as persoas que o desexen poden depositar os enseres e residuos voluminosos nos puntos designados a tal uso. A súa recollida realizarase mañá, terceiro mércores do mes, coma vén sendo habitual.