O Mosteiro de Santa Catalina conta cunha nova Iluminación Ornamental

O Concello de Ares anunciou a finalización das obras de dotación dunha nova iluminación ornamental no Mosteiro de Santa Catalina de Montefaro. O investimento total para este proxecto, que ascende a 47.805,96 euros, foi financiado conxuntamente pola Axencia de Turismo de Galicia, que achegou 30.000 euros, e as arcas municipais. Olimpia Marcos, concelleira de Urbanismo, […]

O Campus Chiquibásquet de Nadal prepárase para a súa oitava edición en Ares, co obxectivo de achegar o baloncesto aos rapaces e rapazas interesadas en iniciarse nesta disciplina.

O VIII Chiquibásquet Nadal, dirixido por Chiqui Barros e coa colaboración do Concello de Ares, levarase a cabo o 27, 28 e 29 de decembro no pavillón polideportivo aresano, en horario de 10:00 a 13:00 horas. Hai un total de 20 prazas dispoñibles, e as inscricións xa están abertas cunha tarifa de 50 euros por […]

BANDO: co fin de efectuar os traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica, van proceder a deixar fóra de servizo unha serie de instalacións o 29 de novembro

JULIO IGNACIO IGLESIAS REDONDO, ALCALDE DO CONCELLO DE ARES, POR MEDIO DO PRESENTE FAI SABER: A empresa ufd grupo Naturgy vén de remitir unha comunicación ao Concello, informando que o día próximo día 29 de novembro, de 4:00 a 6:00 horas, co fin de efectuar os traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica, van […]