Esta semana, no CPI As Mirandas as nenas e nenos de 5º e 6º de Primaria recibiron unha sesión do taller “Control Off”, profundando nas novas masculinidades e a prevención da violencia de xénero, no marco do Pacto de Estado.

A través da proxección de vídeos e o debate, exploraron os elementos fundamentais dunha sociedade máis igualitaria. A sesión estivo a cargo de Rubén Villar Trenco, psicólogo graduado pola USC e Axente de Igualdade de Oportunidades para a Muller. Doutra banda, os estudantes de 4º da ESO tamén participaron nun encontro sobre agresións sexuais e […]
Ares contra a Violencia de Xénero

O Concello de Ares únese nestes días ás reivindicacións do sábado, 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller; unha xornada que demanda o fin de toda forma de violencia machista e que busca unha sociedade máis xusta, fundamentada na igualdade de xénero. Así mesmo, durante estas noites, o consistorio exhibirá […]
A xornada de portas abertas da nova actividade +70, impulsada pola Concellería de Benestar do Concello de Ares, foi todo un éxito esta mañá, coa participación de máis de 20 persoas!

Deseñada para promover hábitos saudables entre os maiores de 70 anos, a actividade +70 ofrece un enfoque integral que inclúe educación física, psicoloxía, alimentación e fisioterapia. Durante a xornada, os participantes viviron de preto as distintas disciplinas que conforman esta iniciativa. A partir de agora, a actividade +70 levarase a cabo todos os venres, de […]
O GALP GOLFO Ártabro NORTE, do que forma parte o Concello de Ares, programa este martes 27, na Alianza Aresana, outra sesión das xornadas informativas “Pescamos ideas”, sobre o programa de axudas dos Fondos Europeos FEMPA 2021-2027.

Se eres unha persoa autónoma, pequena e mediana empresa ou asociación, cun proxecto en marcha, que contribúa ao desenvolvemento da localidade ou a poñer en valor os produtos pesqueiros, non faltes! A cita dará comezo ás 19.00 horas.