O Punto Limpo Móbil atópase dende hoxe instalado en Cortiñas Gil!!!

Lembra que permanecerá alí toda a semana. Poderás achegarte para depositar nel os teus residuos domésticos especiais tales como pilas, lámpadas fluorescentes, pequenos electrodomésticos, roupa ou aceites, entre outros.
Non esquezas que o prazo de presentación de fotografías para a sétima edición do Concurso de Fotografía Xuvenil Concello de Ares manterase aberto ata o 4 de novembro

Anímate a capturar a esencia de Ares e gana emocionantes premios co teu talento fotográfico! Outorgaranse premios en cada categoría, que consistirán nunha cámara de fotos ou unha tablet, ademais dun lote de libros. A maiores, todas as fotografías gañadoras do concurso serán incluídas no calendario do Concello para o ano 2024, e mencionaranse co […]
SEGUNDO EDICIÓN DO PREMIO NOVELA CURTA ALÉN CONCELLO DE ARES 2023

BASES DA CONVOCATORIA 2023/2024 As bases reguladoras deste premio foron aprobadas na Xunta de Goberno municipal do Concello de Ares o 17/10/2023 e publicadas no BOP da Coruña do xx de outubro do 2023. Poderán concorrer ao certame de novela curta todas as persoas, maiores de idade, de calquera nacionalidade e/ou residencia. Os/as participantes atoparanse […]
O Concello de Ares convoca a segunda edición do Premio Novela Curta Alén

O Concello de Ares e a editorial Hércules de Edicións anuncian a segunda edición do “Premio Novela Curta Alén Concello de Ares”. Nunha presentación conxunta levada a cabo esta mañá por Alma Barrón, concelleira de Cultura de Ares, e Laura Rodríguez, directora de Hércules de Edicións, presentouse este importante certame O gañador deste prestixioso certame […]