Ares uniuse contra o cancro de mama!
A veciñanza de Ares uniuse onte para formar unha cadea humana solidaria no paseo marítimo, seguida da lectura dun manifesto nas portas do Consistorio, coa presenza de membros da xunta local da AECC, o equipo de remo adaptado de As Sereas de As Mirandas e representantes municipais. O obxectivo desta acción foi mostrar solidariedade cara […]
A Copa de España de Vaurien 2023, organizada polo Club Náutico Ría de Ares, concluíu coa entrega de premios aos gañadores nunha cerimonia celebrada no local social do club.
O acto de entrega de trofeos contou coa presenza de Alma Barrón, concelleira de Deportes do Concello de Ares, xunto Ángel Barreiro e José Manuel Naveiro, Presidente e Comodoro do Club. As máximas honras recaeron en Pablo Cabelo e David Fernández do Real Club Náutico de Vigo, seguidos por Pedro Fernández e Carolina Iglesias do […]