O Concello inicia as obras de renovación do Patio da Escolas do Lago

A actuación, supón un investimento de 51.000 euros, e executarase cunha axuda concedida por Turismo da Xunta a través dos Fondos Europeos Next Generation, por importe de 46.000 euros, asumindo a administración local o importe restante. A intervención permitirá o empedrado do chan do recinto exterior, e tamén do caleixón lateral para mellorar a accesibilidade. […]

A Asociación GDR Seitura22, da que forma parte o Concello de Ares, organiza dous talleres a próxima semana co obxectivo de promover un uso máis eficiente e económico da enerxía

Estes talleres están dirixidos a ensinar aos profesionais da hostalería e ás organizacións comunitarias como avaliar e reducir a pegada de carbono, é dicir, as emisións de gases de efecto invernadoiro causadas polas súas actividades. Os negocios relacionados co sector hostaleiro e as asociacións de Ares teñen a oportunidade de unirse a estas actividades de […]

Queres unirte á limpeza da praia de Sabadelle?

Este sábado 7 de outubro, a partir das 11:00 horas, tes a oportunidade de unirte á limpeza de Sabadelle en Redes. Ares súmase a esta causa impulsada pola Asociación Ecoloxista ADEGA, co apoio da Agrupación Instrutiva de Caamouco e do Concello. Se desexas colaborar nesta iniciativa para concienciar sobre o impacto do lixo nas nosas […]