O CPI As Mirandas celebra o Día do Orgullo Neofalante cun taller de creación de podcast sobre a música en galego
O taller levarase a cabo en dúas sesións, a primeira das cales tivo lugar esta mesma mañá Esta iniciativa, organizada pola Concellería de Cultura e o Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade, coa colaboración do CPI As Mirandas, forma parte das actividades planificadas para conmemorar o Día do Orgullo Neofalante, que oficialmente se celebra o […]
Mañá, ás 20.30 horas, a Alianza Aresana acollerá un monólogo da famosa tiktoker galega Leticia Mirás, coñecida como Leti da Taberna
A polifacética narradora ofrecerá o seu espectáculo “Enredada”, co seu particular estilo e visión humorística dos temas actuais e cotiáns. Esta actuación forma parte das actividades programadas con motivo do Día do Orgullo Neofalante, que organizou a Concellería de Cultura de Ares, en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade.
Queres probar o tenis de mesa?
A Concellería de Deportes organizou unha xornada de promoción deste deporte, especialmente dirixida aos estudantes do CPI As Mirandas. O evento levarase a cabo este venres 29, desde as 16:30 ata as 19:30 horas, nas instalacións do pavillón deportivo. Ademais, debido ao gran interese nesta actividade, a Concellería de Deportes decidiu planificar unha segunda xornada […]