María Rivas visita Ares para dar a coñecer a nova convocatoria de Rural TIC
A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, desprazouse onte ata o Concello de Ares, para dar a coñecer e pór en valor a nova convocatoria de Rural TIC que pon en marcha o Ministerio de Transporte, Mobilidade e Axenda Urbana para impulsar a dixitalización social e económica nos concellos de menos de 10.000 habitantes. […]
O Punto Limpo Móbil atópase dende hoxe mesmo instalado no Mazote!
Aproveita esta localización para coidar da nosa contorna e desfacerte dos teus residuos domésticos especiais de maneira correcta! Lembra que alí poderás depositar elementos como pilas, lámpadas fluorescentes, pequenos electrodomésticos, roupa ou aceites, entre outros.
Hoxe, ás 19:00 horas, o Mosteiro de Santa Catalina de Montefaro será o escenario dunha charla titulada “Seselle: Un Bosque Fósil, un Castelo e un Ameneiral”
Presentada por Celsa Formoso, coa colaboración de Lorenzo Capllonch, Carlos Galindo e Javier Rosado. Este evento, servirá para trasladarnos ao bosque fósil de Seselle, que se formou hai uns 10.000 anos e rexurdiu grazas ás mareas vivas, ofrecendo unha visión que só se pode experimentar durante o equinoccio de outono. Amais, poderemos explorar os vestixios […]