O servizo de conciliación familiar e laboral da área de Igualdade e Benestar, o “ConciliAres”, culminou as súas actividades onte, marcando o peche do mes de agosto

Durante todo o verán, os participantes levaron a cabo unha variada programación que incluíu desde excursións a contornas naturais locais ata xogos participativos e talleres artísticos. En esencia, todo un xullo e agosto marcado pola diversión, a exploración e a aprendizaxe, xunto á posibilidade de que as familias puidesen conciliar as súas responsabilidades laborais co […]

A Concellería de Cultura anunciou a apertura da recepción de obras para o XVI Concurso de Pintura Manuel Rebón, que se realiza en colaboración co CIRS de Cervás.

As persoas interesadas poderán entregar os seus cadros, que poden ter calquera temática e estar feitos con óleo ou acrílico, desde o próximo luns,  4 de setembro, ata o martes 12 de setembro na Biblioteca Municipal, situada no edificio da Alianza Aresana (rúa  María, 11). O horario de recepción será de luns a venres, de […]