Parabéns ao Club Remo Ares por todo o traballo e esforzó e conseguir gañar o campionato galego de traíñas liga LGT!!!

Desexámoslle moita sorte na clasificatoria da bandeira da Concha na que participan esta semana e no próximo PLAY OFF de ascenso á Liga ACT!!!
Vén a coñecer o espazo de Santa Catalina de Montefaro da man dos Espazos Sonoros, con este encontro coa música antiga

Disfrutaremos dun concerto do conxunto Capella Sancta María, dunha visita guiada, e dun obradoiro participativo sobre a voz como instrumento, dirixido a todos os públicos, con ou sen coñecementos de música. Duración: de 12.00 a 18.00 h aprox. Será preciso traer un pequeno refrixerio para o xantar Inscricións en: actividades@espazossonoros.org indicando o número de prazas […]
Ares en marcha contra o cancro

O próximo domingo, 3 de setembro, a partir das 11:00 horas, a nosa localidade contará cunha andaina solidaria promovida pola Asociación Contra o Cancro en Ares, en colaboración co Concello. Serán 6 quilómetros de percorrido desde a praia do Xuncal – paseo marítimo – Poellas – Praia de Centeás – Praia da Barrosa e regreso […]