O stand municipal do Ares Indiano xa está operativo!
Neste punto, poderedes resolver todas as vosas dúbidas e adquirir distintos artigos conmemorativos, por exemplo tazas, sombreiros e vasos reciclables. Así mesmo, este é o lugar ao que debedes acudir para obter os boletos destinados aos sorteos. Se tedes interese en coñecer máis sobre o patrimonio indiano ou descubrir a riqueza turística de Ares, convidámosvos […]
Hoxe comeza a sexta edición do Ares Indiano!
Os postos xa foron instalados ao longo do paseo marítimo, os establecementos locen adornados con decoración de época e durante a tarde poderemos gozar das primeiras actividades da programación desta fin de semana. Toma nota dos eventos para este venres e non dubides en mergullarte na nosa viaxe ao pasado! Ás 19:30 horas, inauguración da […]
BANDO: interrupcións na subministración de electricidade en todo o núcleo urbano de Ares
JULIO IGNACIO IGLESIAS REDONDO, ALCALDE DO CONCELLO DE ARES, POR MEDIO DO PRESENTE FAI SABER: A empresa UFD grupo Naturgy vén de remitir unha comunicación ao Concello, informando que o día próximo día 22 de agosto, de 4:00 a 6:00 horas, co fin de efectuar os traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica, van […]
O segundo andar da Casa da Xuventude inaugura unha exposición de pintura na que toma protagonismo a artista local Francisca Mayobre.
Baixo o título de “Mis Rincones Favoritos”, a mostra alberga unha colección de pinturas ao óleo que capturan diversos lugares e paisaxes significativas para a autora. Francisca Mayobre, veciña de Cervás, é unha apaixonada e destacada afeccionada á pintura, que dedicou numerosos anos a cultivar o seu talento artístico. Ao longo da súa traxectoria no […]