O Concello vén de instalar o punto limpo móbil na súa nova localización semanal: Cortiñas Gil.

Durante toda esta semana, estará dispoñible nesta localización para os veciños e veciñas que desexen desfacerse de pilas, baterías, lámpadas, aceites, pequenos electrodomésticos, roupa e calzado de maneira adecuada. Tras isto, o punto limpo trasladarase á súa próxima parada, no núcleo urbano de Redes. Aproveita esta oportunidade para contribuír ao coidado do medio ambiente e […]

O Concello adxudica a renovación do Parque Infantil do Porto en Ares

A área municipal de Urbanismo informou hoxe sobre a adxucación da obra para a dotación dun parque infantil completamente novo que substituirá ao existente na zona do Porto, no núcleo urbano da localidade. A concelleira Olimpia Marcos comunicou a finalización do procedemento de contratación, que dará paso ao próximo inicio dos traballos. A actuación que […]