A Biblioteca Municipal de Ares recibe o seu Sexto Premio Nacional “María Moliner de Animación á Lectura”
O equipo bibliotecario xa obtivo o Premio María Moliner nos anos 2016, 2017, 2020, 2021 e 2022, o que demostra o compromiso continuo coa promoción da lectura e a cultura da nosa contorna. O premio inclúe unha contía de 2.772,22€, que se destinará a adquisición e mellora dos fondos bibliográficos. O equipo bibliotecario de Ares, […]
PECHE DAS INSCRICIÓNS PARA A TRAVESÍA A NADO
A Concellaría de Deportes informa de que hoxe, martes 18 de xullo, pechouse o prazo para inscribirse na XXVI Travesía a nado Ría de Ares, debido a que as prazas habilitadas xa se atopan esgotadas. Por dito motivo a plataforma de inscricións atópase xa pechada e mesmo serà imposible a inscrición o mesmo día da […]
Ramón Casteleiro presenta unha Exposición de varios dos seus cadros na Casa da Xuventude
O aresano Ramón Casteleiro, cirurxián ortopédico retirado que divide o seu tempo entre Madrid e a súa vila natal, descubriu o seu talento artístico pouco antes de xubilarse e desde entón converteuse nun destacado pintor ao óleo e escultor. A exposición, titulada “Escolma de pintura dun tempo”, inaugúrase hoxe na Casa da Xuventude de Ares […]
Aviso de recollida de enseres
Lembramos que esta mesma noite do martes, 18 de xullo, todas as persoas que o desexen poden depositar os enseres e residuos voluminosos nos puntos designados a tal uso. A súa recollida realizarase mañá, terceiro mércores do mes, coma vén sendo habitual.