Esta mañá, o Concello de Ares recibiu a visita de Juana Caridad Fernández, Presidenta da Agrupación de Sociedades representativa de Municipios e parroquias de Galicia en Cuba, acompañada por Xosé Isidro Cillero Prieto, Presidente da Asociación Cultural Amigos da liga Santaballesa.
Na recepción estiveron presentes como representantes municipais, o alcalde Julio Iglesias, a concelleira de Cultura Alma Barrón e, por parte da Agrupación Instructiva de Caamouco, a integrante da directiva Cristina Cadena. Esta visita enmárcase dentro do proxecto “Visitas por Galicia ás antigas sociedades galegas de instrución e recreo”, impulsado pola liga Santaballesa, que busca establecer […]
O Concello presenta a programación cultural para este verán.
Ademais das propostas deportivas e turísticas, a área de Cultura deseñou un programa completo e variado que busca dinamizar e entreter a todos os públicos. Baixo a dirección de Alma Barrón, responsable de Cultura, revelouse hoxe o tan esperado programa do VeraneAres cultural. Esta planificación permitirá que a localidade de Ares conte cunha oferta cultural […]
A Orquestra Sinfónica de Galicia ofrecerá un concerto en Ares protagonizado polo Coro Infantil e o Coro Xuvenil
Este acto musical, organizado pola Concellaría de Cultura, terá lugar o vindeiro domingo 25 de xuño na Igrexa San Xosé, a partir das 19:30 horas A Igrexa San Xosé de Ares acollerá o próximo domingo, 25 de xuño, un concerto a cargo dos Coros Infantil e Xuvenil da Orquestra Sinfónica de Galicia. O evento musical, […]
A Biblioteca Municipal de Ares comezará este xoves, 22 de xuño, o seu horario de verán!
Lembra que a partir desta data a Biblioteca pasará a ter o seguinte horario: de luns a venres de 09:00 a 14:00 horas.