A área de Urbanismo da localidade, informou de que nas pasadas semanas remataron os traballos de urbanización de dous viais municipais, en concreto, no lugar de Chanteiro
As intervencións que veñen de ser rematadas recentemente, afectaron ao camiño Real a ao camiño do Cruceiro do mencionado lugar. En ambos viais executouse unha pavimentación en rego asfáltico, mellorando e unificando significativamente os seus trazados. O investimento total das actuacións ascendeu a un importe de 47.531 euros. Ditas actuacións foron tramitadas polo Concello perante […]
Completada a última ruta do SendAres 22-23!
O programa de sendeirismo municipal iniciou onte o seu percorrido final polas impresionantes paisaxes do Golfo Ártabro. Despois de oito rutas que levaron aos excursionistas por diversos lugares, esta última saída permitiu aos participantes gozar dunha pintoresca viaxe costeira dende Ares ata Chanteiro, visitando espazos cun importante patrimonio natural. No seu percorrido polo Golfo Ártabro, […]
Durante os próximos días, o punto móbil de recollida de residuos estará situado en Marina do Pombal.
O equipo de empregados municipais instalouno hoxe e permanecerá accesible ata finais de semana para a veciñanza da zona. Convidámoste a depositar o teu lixo doméstico nese lugar, para que posteriormente reciba o tratamento adecuado.
Hoxe ábrese a inscrición para a viaxe ao Aquapark de Cerceda prevista para o mércores 28 de xuño
Tanto o transporte, a entrada ao parque acuático, como o servizo de monitores están incluídos no prezo, que variará segundo a idade dos participantes: • Para os nados entre 2019 e 2023: o prezo é de 9 euros (sempre acompañados dun adulto). • Para os nados entre 2012 e 2018: o prezo é de 13 […]