Non esquezas que o prazo para inscribirte no último roteiro do programa de sendeirismo municipal, SendAres, está a piques de finalizar. O día 11 de xuño é a data límite para apuntarse, e as prazas son limitadas. Quedan poucas prazas dispoñibles!
![](https://concellodeares.com/wp-content/uploads/2022/11/Ruta-9-Senderismo-polo-Golfo-Artabro-2023.png)
Este roteiro levarate a percorrer a costa do Golfo Ártabro, desde Ares ata Chanteiro. Será unha experiencia incrible, cun percorrido de 14 quilómetros e un nivel de dificultade media-baixa. Ademais, o prezo da actividade, establecido en 8 euros, inclúe o transporte de volta a Ares desde Chanteiro, seguros e servizos de guía. Anímate a participar […]
Inicio das obras de rehabilitación do Lavadoiro de a Torre en Cervás
![](https://concellodeares.com/wp-content/uploads/2023/06/01-Inicio-das-obras-de-rehabilitacion-do-lavadoiro-de-A-Torre-en-Cervas-2023-768x1024.jpg)
A concelleira de Urbanismo, Olimpia Marcos, informou hoxe que se deron comezo ás obras de rehabilitación do lavadoiro público de A Torre, situado na parroquia de Cervás. Esta iniciativa municipal conta coa axuda económica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a través dunha subvención tramitada polo Concello ante o Instituto de Estudos […]
Ares acollerá a XV Edición do Campus Chiquibásquet
![](https://concellodeares.com/wp-content/uploads/2023/06/presentacion-chiquibasquet-2023.jpg)
A concelleira de Deportes, Noelia Montero, e Chiqui Barros, do Campus, presentaron un ano máis a tradicional iniciativa centrada na formación en baloncesto para os mozos e mozas de 5 a 18 anos. Organizarase do 31 de xullo ao 4 de agosto, en horario de tarde, de 18 a 21:30 horas, no pavillón deportivo municipal […]