O SendAres pon en marcha a última ruta da tempada 22-23
O programa de sendeirismo municipal terminará cunha ruta polo Golfo Ártabro, cun percorrido pola costa dende Ares a Chanteiro, por un prezo de 8 euros. A inscrición abrirá hoxe, 26 de maio, ás 23:59 horas, e estenderase ata o 11 de xuño ou o remate das 50 prazas habilitadas. A Concellaría de Deportes encara a […]
As zonas de baño de Ares, Chanteiro, O Raso e Seselle obteñen a clasificación sanitaria final de “Excelente” para a tempada de baño 2023.
Esta clasificación é outorgada en cumprimento do Real Decreto 1341/2007, que establece a xestión da calidade das augas de baño. De acordo aos parámetros desta normativa, as autoridades sanitarias da Xunta determinaron a clasificación sanitaria final das zonas de baño situadas no munipicio de Ares. Así, as praias de Ares, Chanteiro, O Raso e Seselle […]
O martes é o día da romaría do Voto de Chanteiro!
Un ano máis, os concellos de Ares e Mugardos organizan unha seria de actividades para desfrutar durante todo o día. A romaría desenvolverase ao longo da xornada e incluirá a tradicional misa en honra á Virxe da Mercé, ás 12:00 horas. Ademais, ao rematar o acto relixioso os asistentes poderán deleitarse co reparto de empanadas […]
O Concello programa dúas formacións para afondar no impacto do Alzhéimer e outras Demencias
En colaboración con AFAL, levaranse a cabo dous talleres na biblioteca municipal de Ares os días 31 de maio e 1 de xuño, en horario de 16:30 a 18:30 horas. Estes talleres son completamente gratuítos, pero é necesario inscribirse previamente contactando cos Servizos Sociais. Durante as formacións, as expertas proporcionarán información ás familias sobre o […]