O punto limpo móbil xa está disponible na praza da Rega en Chanteiro para a recollida de residuos especiais como pilas, lámpadas, aceites, roupa e calzado, ou pequenos electrodomésticos.
As paradas das próximas semanas serán: Cortiñas Gil, Redes, Lubre e Pedrós. Coidemos do medio ambiente depositando os nosos residuos de forma responsable e promovendo a sustentabilidade da nosa comunidade.
O pasado sábado realizouse a I Andaina Costa de Bezoucos!
Un percorrido circular de 30 quilómetros pola costa dos Concellos de Ares, Cabanas, Fene e Mugardos. A primeira hora da mañá o numeroso grupo de participantes púxose en marcha cun tempo agradable para camiñar. Xan Ramírez, presidente do Club de Montaña Ferrol, agradeceu a colaboración dos municipios implicados e de todos cantos tomaron parte no […]
Lembra que a concellaría de Cultura preparou unha programación para esta semana con actividades dedicadas á literatura e a lectura, en conmemoración do Día Internacional do Libro o 23 de abril.
As celebracións centrais terán lugar nas instalacións da Alianza Aresana os días martes 25 e xoves 27 de abril, con propostas co foco posto nos máis pequenos, pero tamén nos adultos. A diversión dará comezo o martes ás 18:00 horas cun contacontos titulado “Aitana e a Avoa e outros contos violetas”, unha experiencia especialmente deseñada […]