O Concello de Ares volve organizar unha excursión!
![](https://concellodeares.com/wp-content/uploads/2023/04/CARTEL-VIAXE-A-PORTUGAL-2023-724x1024.png)
Nesta ocasión, o destino é Portugal, visitando os pintorescos pobos de Valença, Vila Nova de Cerveira e a Fortaleza. A data da saída é o 3 de xuño e a concellaría de Benestar encárgase da organización. O prezo da viaxe é de 25 euros, con comida e autobús incluídos. As prazas son limitadas. Se estás […]
O Punto Limpo Móbil atópase dende hoxe mesmo instalado en Seselle!
![](https://concellodeares.com/wp-content/uploads/2023/04/01-Punto-Limpo-Mobil-en-Seselle-11-04-2023.jpg)
Lembra que permanecerá alí toda a semana. Poderás achegarte para depositar nel os teus residuos domésticos especiais tales como pilas, lámpadas fluorescentes, pequenos electrodomésticos, roupa ou aceites, entre outros. Tras esta ubicación, o Punto Limpio Móbil continuará co seu itinerario mensual polos lugares de Besoxo e Chanteiro