Este luns os máis pequenos tiveron a ocasión de desfrutar do contacontos “Paxariños” na Biblioteca municipal
Un espectáculo que serviu ademais para celebrar o Día do Libro Infantil e Xuvenil. E onte tocoulle o turno a un obradoiro para a procura de ovos de Pascua. Dúas actividade do máis divertidas coas que fomentar a aprendizaxe creativa e o hábito da lectura entre o público máis novo. Aquí podemos botar unha ollada […]
O Club de Montaña de Ferrol organiza un evento deportivo e de natureza denominado “I Andaina Costa de Bezoucos”, que permitirá aos amantes do deporte explorar a costa dos municipios de Ares, Cabanas, Fene e Mugardos nun itinerario circular de 30 quilómetros pola península de Bezoucos.
O percorrido, que terá lugar durante a xornada do 22 de abril e partirá desde a praia de Madalena en Cabanas, incluirá unha camiñada por un tramo de Fene, a costa de Ares desde Redes ata Chanteiro e finalizará en Mugardos, antes de regresar a O Seixo. A actividade, calificada desde a organización como de […]
O Servizo Municipal de Augas lembra que vén de habilitar unha nova opción máis rápida e sostible para recibir as facturas da auga en formato PDF por correo electrónico.
Se estás interesado/a en deixar de recibir facturas en papel, só debes contactar a través do correo electrónico servizo.augas@concellodeares.com e indicar un correo electrónico no que recibir a túa factura. Este novo método non só é máis rápido e cómodo, senón que tamén é unha medida sostible que nos axuda a reducir o impacto no […]