Os alcaldes dos Concellos de Ares, Fene e Cabanas participaron esta mañá na entrega simbólica das chaves do Punto Limpo do Vilar do Colo á empresa COREGAL

Esta empresa será a encargada de xestionar o servizo durante os próximos dous anos, tras gañar o contrato licitado cunha oferta económica de ao redor de 90.000 euros anuais. O Punto Limpo compartido polos tres municipios estivo pechado durante case dez anos, pero a inauguración está cada vez máis preto. Con todo, necesítanse permisos da […]

Esta mesma mañá, a concelleira de Urbanismo, Olimpia Marcos, recibiu ao técnico de demarcación de Costas para supervisar os traballos de cimentación e reforzo no muro-escollera do paseo marítimo de Ares que se están a acometer nestes últimos días.

Unha actuación de aproximadamente 35.000 euros que, ademais, incluirá unha mellora do acceso ao Club Marítimo de Redes; arrexuntará a escollera de Area Morta e retirará árbores en situación de perigo no talude do Río Sandeo, na zona que lle corresponde á nosa localidade.   Anterior Siguiente