O técnico informático do Concello, coma parte da área de TICs municipal, recepcionou hoxe o novo material para a Aula CeMIT da Casa da Xuventude!
![](https://concellodeares.com/wp-content/uploads/2023/03/01-material_novo_Aula_cemit-2023-1024x672.jpg)
Un reforzo que provén dende a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e que permitirá aumentar a dotación en novas tecnoloxías de Ares. O paquete de material disruptivo que se vén de entregar está composto dunha impresora 3D, co seu kit de consumibles, varios robots educativos con kits de construción, drons de voo interior, […]
O Concello e o Club de Remo presentan a Bandeira de Bateis Concello de Ares
![](https://concellodeares.com/wp-content/uploads/2023/03/Presentacion-Bandeira-de-Bateis-Concello-de-Ares-1024x576.jpg)
Celebrarase este sábado, 11 de marzo, ás 16:00 horas e os afeccionados poderán achegarse a 15 clubs de A Coruña e Lugo que converten a regata nunha cita chave no calendario. O alcalde de Ares, Julio Ignacio Iglesias; a concelleira de Deportes, Noelia Montero; Germán Sánchez e José Montero ‘Peli’, respectivamente presidente e secretario do […]
Ares celebrará a segunda edición do DegustAres, a ruta de pinchos para gozar da gastronomía local
![](https://concellodeares.com/wp-content/uploads/2023/03/01-Presentacion_DegustAres_2023-629x1024.jpg)
Durante dúas fins de semana deste mesmo mes, 11 establecementos que forman parte da hostalería aresán ofertarán diferentes tapas, sumándose así á iniciativa que promove o Concello de Ares. A nova edición chega con novidades no sistema de puntuación, pero tamén nos premios: xunto ós galardóns económicos, entregaranse dúas visitas, pernoctación incluída, nas Bodegas Valdelana […]
DEGUSTAres 2023
![](https://concellodeares.com/wp-content/uploads/2023/03/CARTEL-DEGUSTARES-2023--724x1024.jpg)
Nas xornadas do 18, 19, 25 e 26 de marzo, poderás desfrutar da gastronomía de Ares co concurso de pinchos que promove a Concellaría de Comercio. Achégate aos 11 establecementos adheridos á iniciativa gastronómica, degusta as tapas e puntúa os tres mellores pratos! Se cubres toda a cartilla, entrarás no sorteo de 5 vales de […]
O proxecto “Rural Lab Ferrolterra” entra na súa terceira fase procurando solucións para a contorna de Montefaro
![](https://concellodeares.com/wp-content/uploads/2023/03/programa_fase3_rrss-2023-1024x1024.jpg)
Este xoves, 9 de marzo, pola tarde, a Agrupación Instrutiva de Caamouco acolle unha nova actividade de Rural Lab, a iniciativa posta en marcha pola Fundación Gabeiras para traballar na implementación de solucións sostibles e innovadoras en Montefaro e coa que tamén colabora o Concello de Ares. Nesta terceira fase que arranca agora, celebrarase un […]