Durante este sábado pasado, o casino aresano acolleu un novo Open Concello de Ares de Dominó organizado por Xabre e a Federación Galega de Dominó coa colaboración da Concellaría de Deportes!
O evento terminou co equipo de Xabre A coma gañador, seguido no segundo e terceiro postos por Forcarei e Chantada, respectivamente. Para oficializar o peche do Open de Dominó, Luis Cendán, en representación do concello aresán, entregou os galardóns polas clasificacións obtidas no torneo. Parabéns aos participantes!!
O plan “La Administración cerca de ti” chega a Ares para resolver dúbidas e facilitar a expedición do certificado dixital
O salón de actos da Alianza Aresana acollerá esta actividade programada dende a Subdelegación do Goberno de España para o próximo venres, 3 de febreiro, ás 11:30 h. Varios funcionarios informarán das posibilidades e ferramentas da administración electrónica, pero tamén achegarán a posibilidade de obter in situ un certificado electrónico para relacionarse coas entidades públicas. […]
O Concello abre mañá o prazo de inscrición para a quinta ruta do SendAres 2022-2023
A iniciativa municipal organizará unha saída ata as Fragas do Eume de 14 quilómetros co foco posto na contemplación da beleza da paisaxe e a cultura local adherida a esta. As persoas interesadas poderán inscribirse a partir das 18:00 horas de mañá, mércores 25 de xaneiro, con 25 prazas habilitadas e un prezo de 15 […]