Bando corte de auga Chanteiro 12-12-2022
JULIO IGNACIO IGLESIAS REDONDO, ALCALDE DO CONCELLO DE ARES POR MEDIO DO PRESENTE FAI SABER: lnfórmase aos usuarios do Servizo Municipal de Augas que o vindeiro luns 12 de decembro procederase á. interrupción temporal do subministro de auga potable na poboación de CHANTEIRO, desde as 9.00 horas ata a finalización dos traballos necesarios para a […]
O luns, 5 de decembro, baixo a celebración do Día Internacional dos Voluntarios, o consistorio do municipio acolleu un acto en recoñecemento á labor do voluntariado de Protección Civil de Ares, no que se premiou con diferentes distintivos os anos de antigüidade e traballo na agrupación local.
Ao acto, ademais dos condecorados e o alcalde de Ares, Julio Ignacio Iglesias Redondo, tamén asistiu o concelleiro de Seguridade, José Juan Vilar, e a Secretaria da Asociación Nacional de Agrupaciones de Voluntarios de Protección Civil (ANAV), Oliva García Trasancos. Estas foron as mencións entregadas: CARMÉN LÓPEZ FERNÁNDEZ – 20 anos prestando servizo en Protección […]
A biblioteca municipal de Ares promove a campaña “Libros x Alimentos no Nadal”
Ata o xoves, 15 de decembro, lembra que podes colaborar na iniciativa solidaria da nosa biblioteca na que poderás levar un ou varios alimentos non perecedoiros e recibir, a cambio, un libro de segunda man. A campaña apoia directamente a Cáritas de Ares, pois todos os alimentos que se recollen serán entregados alí. Non dubides […]
E Ares pendurou os seus mellores desexos para o 2023!
A árbore da Ponte da Ciscada ficou iluminada e chea de decoracións que dan a benvida ao Nadal na nosa localidade. As familias armáronse de bolígrafos e bolas para pensar e escribir os desexos máis sinceros, que quedarán na árbore para probar se se cumpren. Estas son algunhas das fotografías que nos deixou a actividade, […]