Nas ribeiras de Cervás e Chanteiro aínda é posible atopar as lembranzas dos primeiros contactos co mar: mergullarse, pescar, baixar aos cantís ou bañarse nas calas de cantos rodados son algúns dos recordos que aínda perduran na memoria colectiva da veciñanza aresá.
![](https://concellodeares.com/wp-content/uploads/2022/10/rrss_sendares_web_ares-1024x608.jpg)
Javier Domínguez Vilasánchez, pescador de ribeira, e César Pita Carretero, apaixonado da historia local e escritor de “Na ribeira das nosas vidas”, reviven conxuntamente como era o día a día nestes lugares de enorme valor simbólico. Descobre con eles unha historia sobre o noso litoral! Atoparás máis información do roteiro no perfil do Concello en […]