Olimpia Marcos e Noelia Montero, concelleiras de Urbanismo e Deportes respectivamente, recibiron esta semana ó equipo auditor do GALP Golfo Ártabro Norte encargado de supervisar as últimas actuacións materializadas en Ares con parte dos fondos do grupo de acción local.
Durante esta acta de recepción, achegáronse ata o Club de Remo de Ares para ver a embarcación das Sereas das Mirandas, contextualizando as características que a converten nun equipamento accesible para a práctica deportiva de persoas con antecedentes oncolóxicos. A maiores, tamén comprobaron o estado das infraestruturas realizadas no acceso á praia do Xuncal: as […]
Lembramos que este sábado, 15 de outubro, regresa a limpeza simultánea de praias que impulsa a Asociación Ecoloxista ADEGA da man da Agrupación Instrutiva de Caamouco, coa colaboración do Concello de Ares.
Se estás interesado en sumarte á convocatoria e actuar na praia da Area Morta (Redes), contacta co 680 161 929 (chamada ou WhatsApp). É unha iniciativa aberta a todos os públicos! Máis información: https://www.caamouco.net/portal2/aic-novas/2581-a-agrupacion-instrutiva-volve-unirse-a-limpeza-de-praias-de-adega-este-ano-dende-area-morta