XV Edición de Móllate polos Ríos
Preto de 150 kg foron extraídos este domingo do río dos Frades, nas inmediacións do Mosteiro de Santa Catalina, polos voluntarios que se sumaron á limpeza simultánea no marco da iniciativa “Móllate polos ríos”. Lixo, botellas, partes de uralita e grandes cantidades de espuma sintética (polispán) conforman o groso da contaminación sobre o ecosistema fluvial […]
Pleno do día 26 de setembro 2022
Pleno Municipal Sesión ordinaria Descargar pdf
Esta fin de semana, o CIRS de Cervás acolleu o acto de clausura do XV Concurso de Pintura Manuel Rebón!
O alcalde de Ares, Julio Iglesias, as concelleiras Victoria Montenegro e Alma Barrón e Paula Fojo, presidenta do CIRS, puxeron fin á exposición dos cadros presentados e entregaron os premios aos gañadores desta nova edición do certame artístico: Manuel Carballeira Rivas, co seu cadro “Calma da mañanciña” (primeiro premio), Juan Manuel Álvarez Romero, coa súa […]
Tras os cambios executados pola Xunta de Galicia no servizo de transporte metropolitano prestado por UTE Hércules Norte, o Concello vén de actualizar o deseño municipal dos horarios de buses, dispoñibles na páxina web e tamén nas paradas da localidade.
Lucía Blanco, concelleira de Mobilidade de Ares, salienta que esta acción é parte do “esforzo continuado por axudar á veciñanza a comprender toda a nova información, reaxustes incluídos, relacionada co transporte público a Ferrol, Mugardos e parroquias. Unha nova información que nos chega, ademais, sen ningún tipo de comunicación previa e a través dos medios […]