Durante a tarde do sábado pasado, 8 freestylers galegos amosaron no núcleo da vila a súa destreza e creatividade coa rima improvisada!

O rap chegou á Praza da Constitución e achegouse á veciñanza na I Batalla de Galos Concello de Ares, unha proposta alternativa das Concellarías de Cultura e Mocidade que se saldou positivamente. Empregando un esquema de competición, con cuartos, semifinais e finais, Perry, Kumas, Galez, Ruvix, Ykiam, Dury, Junay e Kaid enfrontáronse baixo diferentes ritmos […]