Chegaron as cores ó ConciliAres!
![](https://concellodeares.com/wp-content/uploads/2022/08/01_chegan_as_cores_o_conciliares-2022-1024x576.jpg)
Coa ollada posta no fin de verán, os pequenos que integran o servizo de conciliación familiar e laboral do Concello desfrutaron dunha “festa Holi”, unha actividade baseada en po de cores e que debe o seu nome ao Festival da Primavera ou Holi da India. O Festival indio é xa unha das celebracións máis importantes […]
A semana pasada, Juan Prados afondou no salón de actos da Alianza Aresana sobre Carlos Cano, o cantante granadino responsable da renovación da copla e un dos referentes musicais na construción de vínculos entre a cultura española e a latinoamericana.
![](https://concellodeares.com/wp-content/uploads/2022/08/01_relatorio_carlos_cano-2022.jpg)
O acto incluíu música, baile e unha contextualización xeral da súa figura. Estas son algunhas das imaxes que nos deixou o evento cultural!