Últimos días para achegarte ás 4 exposicións dispoñibles en Ares!

Durante estas semanas, a nosa localidade foi acollendo múltiples mostras que varían en temáticas e formatos. Escultura, fotografía, paneis didácticos… 4 exposicións actualmente activas, mais que rematarán este mércores, 31 de agosto! Consulta os seus horarios de visita: “INVENTIO MUNDI: GALICIA NAS VIAXES TRANSOCÉANICAS NOS SÉCULOS XV-XVII”, na Agrupación Instrutiva de Caamouco, de luns a […]

O alcalde de Ares, Julio Iglesias Redondo, e a concelleira de Igualdade e Benestar, Victoria Montenegro, acudiron o venres pasado ao acto de despedida das cinco nenas e nenos saharahuís acollidos na contorna comarcal nestes últimos dous meses.

Xunto aos representantes aresáns, estiveron tamén cargos de Fene, San Sadurniño, Miño e Mugardos, todos eles concellos involucrados coa Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharahuí (SOGAPS), amais das familias acolledoras. O acollemento materializouse baixo o marco do programa “Vacacións en Paz”, que regresou no 2022 tras o parón de dous anos por mor da pandemia […]